III Concurso Proyecta Innovación

III Concurso Proyecta Innovación

A fase inscrición xa finalizou

De que vai

Dinos como ensinas. Premiamos ideas e novos formatos docentes

Proyecta pon en marcha a terceira edición do concurso “Proyecta Innovación” co obxectivo de identificar e facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TIC en centros escolares galegos.

Nesta sección resumimos algunha información importante para que poidas presentar a túa solicitude. Descarga as bases completas e atoparás máis información sobre as condicións de presentación dos proxectos e sobre os criterios de avaliación.

Quen pode participar

Poderás participar neste concurso se es profesor de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato ou formación profesional de calquera centro escolar de Galicia. Podes facelo individualmente ou nun grupo de profesores, así como incluír aos alumnos no deseño e a execución dos proxectos.

Premios

Na súa terceira edición, o concurso “Proyecta Innovación” repartirá 20.000€ entre os proxectos que o comité de selección considere. Isto implica que poderán resultar premiados varios proxectos. Explicámosche brevemente o procedemento:

De todas as propostas recibidas, seleccionaranse 10 proxectos finalistas. Estes serán convocados a unha sesión presencial de defensa de proxectos, que coincidirá co último InspiraTICs (Maio de 2016). O comité dispoñerá de varios días para deliberar e emitir o seu fallo respecto dos proxectos para premiar e a contía dos premios (en cantidades que poden variar entre 500 e 10.000€), en función de:

  • as necesidades que expresen os representantes dos proxectos;
  • a adecuación destas aos criterios de valoración das bases;
  • a consideración dos membros do Comité sobre a oportunidade de que o premio outorgado axude a alcanzar  os obxectivos do proxecto;
  • a calidade da presentación e defensa en público.


Os premiados serán publicados na páxina web de Proyecta uns días despois da defensa de proxectos.

É moi importante que tanto no formulario de inscrición como na defensa presencial, os representantes dos proxectos sexan capaces de trasladar claramente a distribución que prevén facer do orzamento que solicitan ao concurso, entre as distintas necesidades (equipamento, software, formación, etc.). Tamén deben sinalar cales destas necesidades son prioritarias para a posta en marcha do proxecto.

Nas bases de participación podes atopar máis información.

Bases e Guía

Que documentos necesito para presentar o meu proxecto?

É imprescindible cubrir e enviar o formulario online dispoñible nesta páxina web. Ademais, debes achegar un arquivo multimedia que resuma o obxectivo do proxecto e, de maneira opcional, un documento complementario de máximo 3 páxinas que amplíe a información do formulario.

Quen valora os proxectos presentados?

Un comité composto por especialistas no ensino a través das novas tecnoloxías. Estes profesionais serán os encargados de analizar todas as propostas presentadas e, entre elas, seleccionar aos 10 proxectos finalistas. O comité  tamén decidirá que proxectos serán premiados na sesión final.

Cales son os criterios de valoración?

Todos os proxectos presentados deben ter como obxectivo a renovación da aprendizaxe a través do uso da tecnoloxía nas aulas. Para iso, o Comité analizará toda a documentación co fin de valorar:

  • O efecto do proxecto e a súa posible implantación a curto, medio e longo prazo sobre o proceso de aprendizaxe dos alumnos.
  • O papel activo dos alumnos do centro no deseño e implementación do proxecto.
  • A viabilidade e independencia económica do proxecto a medio e longo prazo.
  • A posibilidade de réplica do proxecto en contornas educativas distintas ao do centro participante.
  • A versatilidade do proxecto en distintas contornas tecnolóxicas e, por tanto, non dependente en exclusiva dun software/hardware/aplicación concretos.
  • O número de profesores, etapas educativas e departamentos do centro que resultasen usuarios ou beneficiarios da implementación do proxecto.


Cal é o calendario da convocatoria da III Edición?

  • Prazo de inscrición e envío de proxectos: do 19 de novembro de 2015 ao 7 de abril de 2016.
  • Publicación da lista dos 10 proxectos finalistas: 5 de maio de 2016 a través desta páxina web.
  • Defensa dos proxectos e fallo do comité: este acto celebrarase a finais do o mes de maio de 2016, coincidindo co último Encontro InspiraTICs do curso. (Todos os participantes serán avisados con antelación suficiente da data e o lugar exactos para realizar a presentación)
Descárgate as bases completas para coñecer toda a información sobre o Concurso: 
Preguntas frecuentes

Dinos como ensinas. Premiamos ideas e novos formatos docentes.

Que tipo de proxectos podo presentar?

Podes presentar calquera tipo de proxecto que sirva para que os alumnos aprendan dunha forma diferente, con novos recursos e ferramentas que difiran do método tradicional (transmitir contidos sen interacción nin investigación por parte do alumno).

Aquí podedes ver algúns exemplos presentados á edición anterior:

MakerSchool

IES de Meaño - Pontevedra

“Os alumnos do centro van crear unha empresa de carácter solidario, seguindo a metodoloxía "Learning by Doing". Traballando de forma cooperativa terán que realizar as actividades inherentes á actividade empresarial, entre outras, deseñar produtos, fabricalos utilizando unha impresora 3D open hardware, e comercializalos. Os beneficios serán doados a un proxecto solidario, o que os alumnos decidan. Neste proxecto implicaranse todos os departamentos didácticos do centro”.

Aula 2020

IES David Buján - Cambre - A Coruña

“Nos últimos anos, detectouse unha preocupante diminución do interese dos mozos na ciencia e a tecnoloxía en Europa e América do Norte. Numerosos estudos propoñen a necesidade dun cambio metodolóxico no ensino das ciencias mediante a introdución do método indagativo. O proxecto que aquí se presenta vai máis alá, xa que considera o ensino das ciencias como unha forma de comprender o mundo non " in vitro " nunha aula illada, senón " in vivo" dende a experiencia. Unha aula de ciencias versátil que poida transformarse nun espazo para: interactuar”.

Aprende coas mans!

Alcalde Xosé Pichel - Coristanco - A Coruña

“Coa robótica e a programación como eixo, queremos que o noso alumnado sexa capaz de entender a realidade tecnolóxica que nos rodea e de crear os seus propios productos nesta realidade. Queremos que aprendan facendo, espertar a súa curiosidade, a súa autonomía, que empreguen as TIC para empaparse de cultura aberta e que poidan ser creadores tecnolóxicos, non só consumidores.

Coa colaboración coa asociación Bricolabs pretendemos que a súa aprendizaxe chegue máis alá dos muros da nosa escola”.

Asibot

IESP Fontem Albei - A Fonsagrada - Lugo

“Preténdese introducir ao noso alumnado na robótica. Para iso, dispoñeremos dunha impresora 3D e de diferente material (sensores, actuadores...) para a plataforma de OpenHardware Arduino.

Pretendemos que os nosos alumnos monten a impresora, que a través de exercicios guiados (con elementos de autoaprendizaxe) resolva diferentes retos propostos e compitan por equipos entre os diferentes centros que participan. Queremos contribuír ao desenvolvemento das habilidades e competencias do século XXI que preparen o alumnado para a vida e a nova realidade profesional”.

Gamificación e programación de videoxogos

Ceip Ponte dos Brozos - Arteixo - A Coruña

“Que é máis divertido: memorizar as etapas máis representativas da historia ou vivir cada etapa cun apaixoante xogo de simulación? Que é máis instrutivo: estudar as diferentes partes dun relato redactando simples textos ou crear historias interactivas de aventuras, acción ou supervivencia? Propoñemos un proxecto centrado na creación de videoxogos mediante a programación e o uso da gamificación como estratexia para motivar e incentivar ao noso alumnado”.

Maristápolis

Marista Cristo Rey - A Coruña

“Maristápolis xorde como continuidade ao noso proxecto PQSLM? Xorde coa idea de ser unha aula que simule unha cidade con cabida para 60 habitantes, unha cidade onde se crearán diferentes establecementos e organismos, como o supermercado "Eroscris", o hospital "Sanjurjo", e o aeroporto "Lousame", nos que os nosos alumnos terán que desenvolver un traballo cooperativo para conseguir alcanzar e resolver as diferentes situacións da vida real ás que se terán que enfrontar. Queremos que os nosos alumnos sexan capaces de enfrontarse ás distintas situacións e problemas que a vida nunha cidade nos depara a todos”.

Barxas Emprende. Creación dunha editorial

IES As Barxas - Pontevedra

“Barxas Emprende. Creación dunha Editorial" é unha actividade interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora como unha actitude xeral ante a vida e que xira entorno á idea de crear e xestionar unha editorial especializada na elaboración e difusión de libros ilustrados para nenos, realizados totalmente por alumnos, de forma que desenvolvan as súas capacidades persoais e profesionais. Libros entendidos como pequenas obras de arte, nos que primarán as ilustracións de gran calidade, o deseño e a realización de actividades de animación á lectura, a música, e as novas tecnoloxías”.

Blog del proyecto BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DUNHA EDITORIAL

O proxecto pode estar en marcha na actualidade ou ten que ser un proxecto novo?

Os proxectos que se presenten poden estar en distintos estados:

  • • podes presentar un proxecto que actualmente estea en marcha pero queiras ampliar ou diversificar (con novos alumnos, novos ciclos, novas actividades…)
  • • podes recuperar proxectos que tiveron a súa implementación no centro e que actualmente non se están desenvolvendo, e planifiques unha nova execución para o curso 2016-17.
  • • podes presentar un proxecto ao que leves tempo dándolle voltas pero necesitas fondos para comezalo.

Lembra que en todo caso debes presentar un orzamento detallado de en que queres utilizar os fondos, sexa para unha idea que xa está en marcha, sexa para unha idea nova e que todas as actividades programadas deberán executarse durante o curso 2016-2017.

Teño que mandar informes periódicos da evolución do proxecto?

Non imos pedirche que nos mandes informes sobre a evolución do proxecto, aínda que pedirémosche xustificar os gastos e poñerémonos en contacto contigo para coñecer o avance do voso proxecto.

Podo presentar un proxecto no que participemos varios centros?

Si, pódese presentar un proxecto intercentro. Simplemente haberá que nomear a un profesor dun dos centros participantes como coordinador, que será o que encha o formulario e déixenos os seus datos . Nos datos do proxecto deberedes indicar que é un proxecto intercentro e os nomes dos centros participantes.

De quen serían os dereitos de autor e a propiedade intelectual da idea?

A propiedade intelectual da idea/proxecto presentada ao III Concurso Proyecta Innovación sempre será do autor. Os participantes e gañadores continuarán sendo os titulares de cuantos dereitos de autor afecten o material presentado. Así mesmo os participantes responsabilízanse da autoría e orixinalidade de calquera documento e/ou soporte.

Proxectos finalistas

De entre os proxectos presentados ao concurso, o xurado seleccionou como finalistas os da seguinte listaxe. Estes proxectos defenderanse no VI Encontro InspiraTICs, que terá lugar o 26 de maio a partir das 15:30h. Se queres asistir ao VI Encontro inspiraTICs.

INSCRÍBECHE AQUÍ

Buscando a Valle

IES Faro das Lúas – Vilanova de Arousa - Pontevedra

"O IES Faro das Lúas, está situado en Vilanova de Arousa, que neste 2016 celebra o 150 aniversario do nacemento dun dos seus fillos mais ilustres: Ramón Mª del Valle Inclán.

Aproveitando este acontecemento o Centro vai a realizar un proxecto multidisciplinar con implicación de todo o alumnado e 8 departamentos. O produto final consistirá na implantación dun novo servizo turístico, que utilizará puntos de realidade aumentada (QR) e xirará en torno á figura, vida e obra de Valle Inclán en Vilanova".

Canal de TV para la divulgación científica

CPR Santa Teresa de Jesús - Ourense

“Queremos crear unha canle de TV para divulgación científica: Os alumnos realizarán experimentos e explicacións científicas (en varios idiomas) para a súa posterior divulgación na súa canle de TV online que eles mesmos crean e moderan de maneira colaborativa.".

preview

ColaboraLAV

CPR Plurilingüe Andaina – Culleredo – A Coruña

"Unha comunidade de aprendizaxe onde alumnado e equipo docente comparten obxectivos educativos comúns. Os docentes facilitan que o alumnado lidere proxectos audiovisuais cos que se crean recursos educativos para empregar nas aulas. Un laboratorio audiovisual para a xestión da convivencia, a aprendizaxe colaborativa e o manexo das TIC. Onde o alumnado comparte habilidades, creatividade, ideas, experiencias, cultura, intereses e soños. Educando, inspirando e motivando a toda a comunidade educativa".

Andaina_ColaboraLAV -Laboratorio Audiiovisual de Aprendizaxe Colaborativa-

Empoléirate na Ciencia

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro – Ourense

“Empoléirate na Ciencia 2016-17 tratará o deseño de prototipos, tanto na materia de Tecnoloxía Industrial como en sesións estraescolares abertas a máis alumnado, vinculando a aprendizaxe á realidade mediante traballo de taller, impresión 3D e mecanizados, para ver os nosos prototipos feitos realidade, nun proceso completo dende o seu deseño ata a súa factura física".

English Project: Accesibilidad para todos

IES A Xunqueira 1 – Pontevedra

“Pretendemos Implantar unha nova metodoloxía no proceso de ensino de linguas estranxeiras mediante o uso didáctico das técnicas de accesibilidade, tales como: a subtitulación para xordos, a locución, a dobraxe interlingüística e a audiodescripción para cegos como ferramenta activa de aprendizaxe”.

Galaxia Casares. Leriando no Casares

IES Carlos Casares – Vigo - Pontevedra

"Utilizar as novas tecnoloxías para favorecer a creatividade e dar a coñecer a obra de Carlos Casares dun xeito diferente.

Fomentar a lingua galega en contextos atractivos: gravacións, creación de vídeos, booktráilers… Introducir ao alumnado no manexo das novas tecnoloxías para a creación de vídeos, novelas gráficas, ilustración a través de programas informáticos e gravacións".

Galaxia Casares. Leriando no Casares

PALE

Colegio Plurilingüe Esclavas del S.C – A Coruña

“PALE baséase na realización de proxectos de emprendemento audiovisual para fomentar e desenvolver habilidades e competencias ligadas ao mundo das vendas e o márketing.

No curso 2015/16 puxemos en marcha unha Produtora Audiovisual, deseñada e xestionada polos alumnos de 4º de ESO. Agora queremos pasar á segunda fase e realizar proxectos audiovisuais centrados en desenvolver proxectos de "venda": traballando en vídeos corporativos, promocionais, institucionais ...”

TIC - TAC

C.E.I.P. de Viñagrande – Deiro – Vilanova de Arousa - Pontevedra

"Queremos levar á práctica unha das propostas didácticas innovadoras e primordiais que precisa o modelo educativo que queren poñer a andar: A posibilidade de ter un contexto de aprendizaxe novo que denominaremos “INFORMADEIRO” (radio, televisión, prensa escrita e caderno de bítácora online)"

TIC - TAC

Transformando Realidades

IES As Barxas – Moaña - Pontevedra

“Experiencia interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora e a educación artística en todas as etapas educativas, a través da creación e xestión dun CENTRO DE ARTE CONTEMPORÁNEA no IES AS BARXAS, especializado en 4 áreas: Produción, Exhibición, Documentación e Formación.

O proxecto céntrase no poder da arte para reflectir e transformar realidades, comunicar, concienciar, emocionar, e no papel do noso alumnado como produtor e distribuidor de arte”.

Xogamos aos oficios con Minecraft

CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo – A Coruña

"Imos tratar de que aprendan facendo algo que lles gusta e que coñecen mellor ca nós. Van usar o Minecraft en clase. Pretendemos que 10 clases de Educación Primaria traballen creando pezas separadas dun crebacabezas para que ao rematar encaixen e crear un mosaico que reflicta o que é unha comunidade onde aparezan os sectores económicos do noso entorno ".

Proxectos gañadores

Proxectos gañadores do III Concurso Proyecta Innovación

Empoléirate na Ciencia (2.000€ + premio extraordinario de 2.000€ para actividades de formación)

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro – Ourense

“Empoléirate na Ciencia 2016-17 tratará o deseño de prototipos, tanto na materia de Tecnoloxía Industrial como en sesións estraescolares abertas a máis alumnado, vinculando a aprendizaxe á realidade mediante traballo de taller, impresión 3D e mecanizados, para ver os nosos prototipos feitos realidade, nun proceso completo dende o seu deseño ata a súa factura física”.

Xogamos aos oficios con Minecraft (3.500€)

CEIP Ponte dos Brozos – Arteixo – A Coruña

“Imos tratar de que aprendan facendo algo que lles gusta e que coñecen mellor ca nós. Van usar o Minecraft en clase. Pretendemos que 10 clases de Educación Primaria traballen creando pezas separadas dun crebacabezas para que ao rematar encaixen e crear un mosaico que reflicta o que é unha comunidade onde aparezan os sectores económicos do noso entorno”.

Transformando Realidades (3.500€)

IES As Barxas – Moaña - Pontevedra

“Experiencia interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora e a educación artística en todas as etapas educativas, a través da creación e xestión dun CENTRO DE ARTE CONTEMPORÁNEA no IES AS BARXAS, especializado en 4 áreas: Produción, Exhibición, Documentación e Formación.

O proxecto céntrase no poder da arte para reflectir e transformar realidades, comunicar, concienciar, emocionar, e no papel do noso alumnado como produtor e distribuidor de arte”.

Canal de TV para la divulgación científica (Accésit: 1.000€)

CPR Santa Teresa de Jesús - Ourense

“Queremos crear unha canle de TV para divulgación científica: Os alumnos realizarán experimentos e explicacións científicas (en varios idiomas) para a súa posterior divulgación na súa canle de TV online que eles mesmos crean e moderan de maneira colaborativa”.

PALE (Accésit: 1.000€)

Colegio Plurilingüe Esclavas del S.C – A Coruña

“PALE baséase na realización de proxectos de emprendemento audiovisual para fomentar e desenvolver habilidades e competencias ligadas ao mundo das vendas e o márketing.

No curso 2015/16 puxemos en marcha unha Produtora Audiovisual, deseñada e xestionada polos alumnos de 4º de ESO. Agora queremos pasar á segunda fase e realizar proxectos audiovisuais centrados en desenvolver proxectos de "venda": traballando en vídeos corporativos, promocionais, institucionais ...”.

Buscando a Valle (Accésit: 1.000€)

IES Faro das Lúas – Vilanova de Arousa - Pontevedra

“O IES Faro das Lúas, está situado en Vilanova de Arousa, que neste 2016 celebra o 150 aniversario do nacemento dun dos seus fillos mais ilustres: Ramón Mª del Valle Inclán.

Aproveitando este acontecemento o Centro vai a realizar un proxecto multidisciplinar con implicación de todo o alumnado e 8 departamentos. O produto final consistirá na implantación dun novo servizo turístico, que utilizará puntos de realidade aumentada (QR) e xirará en torno á figura, vida e obra de Valle Inclán en Vilanova”.

O xurado desta terceira edición do concurso estivo composto por catro destacados membros do mundo educativo:

Carmen Delia García-Fuentes

Carmen Delia García-Fuentes

É profesora titular da Universidade da Coruña adscrita ao departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación. É impulsora e membro do Grupo de Investigación en Avaliación e Calidade Educativa (GIACE).

Marcos Garasa

Marcos Garasa

Docente dedicado á formación do profesorado, á consultoría educativa e á investigación de novas pedagoxías aplicadas ao m-learning e ao e-learning. Liderou e desenvolveu a introdución de iPad 1:1 nun centro de secundaria, proxecto polo que foi recoñecido como caso de éxito a nivel internacional e seleccionado como Apple Distinguished Educator en 2012.

Diana González

Diana González

As súas liñas de traballo céntranse no desenvolvemento da identidade dixital e contidos educativos. É formadora en tecnoloxía e Internet en centros educativos, asociacións e empresas. Profesora asociada da Facultade de Comunicación da Universidad de Navarra.

Álvaro Reyero Pita

Álvaro Reyero Pita

Empresario e consultor con mais de 20 anos de experiencia no sector da comunicación. CEO e Director Creativo de See the Change, axencia de comunicación e márketing, socio conselleiro de Wake App Networks, Wake App Health, The App Date e Kidu.com. Durante 4 anos formou parte do equipo de dirección de La Escuela de Letras. Posteriormente desenvolveu un programa pioneiro de creación literaria para nenos.

Que é Proyecta?

Proyecta é unha plataforma virtual de traballo, encontro e intercambio. Atoparás neste espazo ferramentas para crear recursos educativos, formación especializada e materiais de aprendizaxe. Con este fin, un equipo de profesionais da educación e das novas tecnoloxías elabora recursos e investiga as solucións que mellor se adaptan ás necesidades reais de alumnos e educadores.

Poñemos á vosa disposición artigos sobre metodoloxía para coñecer mellor os procesos de aprendizaxe dos teus alumnos, enlaces a experiencias didácticas innovadoras de outros docentes, videotitoriais sobre ferramentas e aplicacións de uso educativo, etc.

Para fomentar a vosa participación na creación de recursos propios, a Plataforma Proyecta convocará diversas actividades formativas a modo de concurso.