V Concurso Proyecta Innovación

Un ano máis buscamos ideas educativas innovadoras e orixinais, que axuden a reinventar a forma de ensinar, e que sitúen aos alumnos como protagonistas da súa propia aprendizaxe.

Neste concurso teñen cabida todos aqueles proxectos que traballen disciplinas e destrezas de forma innovadora, novas metodoloxías educativas e que utilicen a tecnoloxía con fins didácticos. Os proxectos poden partir da proposta dun profesor, un grupo de profesores dun centro, ou en colaboración con outros centros. Non importa a materia nin o nivel educativo no que se desenvolva o proxecto. 

CONVOCATORIA ABERTA

Anímate a participar co voso proxecto educativo!

Quen pode participar

Poderás participar neste concurso se es profesor de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato, formación profesional e educación secundaria de adultos de calquera centro escolar de Galicia. Podes facelo individualmente, en grupo de profesores e mesmo con outros centros.

Premios

Nesta quinta edición o concurso “Proyecta Innovación” repartirá 20.000€ en premios.

De entre todas as propostas recibidas, o xurado seleccionará os proxectos finalistas. Como en convocatorias anteriores, tras a defensa pública dos proxectos, o xurado determinará a contía económica asignada a cada un dos proxectos que finalmente resulten gañadores do certame, en función das súas necesidades.

A relación dos proxectos premiados publicarase na páxina web de Proyecta unha vez emitido o fallo do xurado.

Calendario

Cal é o calendario da convocatoria desta quinta Edición?

Prazo de inscrición e envío de proxectos: do 27 de decembro de 2017 ao 23 de abril de 2018.

Publicación da lista dos proxectos finalistas: 4 de maio de 2018 a través da páxina web. 

Defensa dos proxectos: a defensa celebrarase, nunha data por determinar, no mes de maio de 2018, coincidindo co último Encontro InspiraTICs do curso. O xurado deliberará pero non fallará.

Fallo do comité: o fallo do xurado, onde se comunicarán os proxectos gañadores e as súas contías, publicarase ao longo das dúas primeiras semanas de xuño de 2018 a través da nosa páxina web.

Asesoramento dende o inicio

Cóntanos que tipo de proxecto gustaríache desenvolver na aula e como. Un experto en proxectos educativos de innovación está á túa disposición desde este mesmo momento, para axudarche en fondo e forma. Pode asesorarche tanto no enfoque do propio proxecto como na forma de presentalo ao V Concurso Proyecta Innovación.

Se precisas asesoramento, tan só tes que mandar un e-mail á seguinte dirección proyectainnovacion@plataformaproyecta.org e Marcos poñerase en contacto contigo para axudarche co teu proxecto.

 

Aquí presentámoscho:

Bases e guía

¿Qué documentos necesito para presentar mi proyecto?

Es imprescindible cubrir y enviar el formulario online disponible en esta página web. Además, debes adjuntar un archivo multimedia que resuma el objetivo del proyecto. De manera opcional, puedes enviar un documento complementario de máximo 3 páginas que amplíe la información del formulario.

El archivo multimedia es muy importante. Tú decides si quieres que sea una presentación, un vídeo, una infografía… pero ten en cuenta que se trata de la pieza clave para la preselección de propuestas y el proyecto quedará descalificado si su contenido no es claro y atractivo.

¿Existe una estructura específica para el archivo multimedia que debo enviar?

Puedes utilizar el formato que quieras y la estructura que más se ajuste al contenido de tu proyecto, pero será útil que conste de, al menos, estos cuatro elementos:

  • ¿Qué? En qué consiste mi proyecto y qué metodologías se emplean
  • ¿Por qué? y ¿para qué? (objetivos específicos): qué objetivos concretos quiero desarrollar con ese proyecto; qué fines quiero conseguir
  • ¿Cómo? Cómo voy a llevarlo a cabo: aplicaciones, herramientas o colaboraciones que se emplearán.
  • ¿Quién? Qué profesores, departamentos, alumnos, centros, instituciones están implicados en el proyecto.

¿Quién valora los proyectos presentados?

Un comité independiente de las fundaciones, compuesto por especialistas en la enseñanza y nuevas metodologías educativas. Estos profesionales serán los encargados de analizar todas las propuestas presentadas y, entre ellas, seleccionar los proyectos finalistas. El mismo comité también decidirá qué proyectos serán premiados en la sesión final.

¿Cuáles son los criterios de valoración?

Todos los proyectos presentados deben tener como objetivo la renovación del aprendizaje a través de las nuevas metodologías educativas. Para ello, el Comité analizará toda la documentación con el fin de valorar:

La calidad y claridad en la presentación de tu proyecto.

El efecto de la posible implantación del proyecto a corto, medio y largo plazo sobre el proceso de aprendizaje de los alumnos.

El papel activo de los alumnos del centro en el diseño e implementación del proyecto.

La viabilidad e independencia económica del proyecto a medio y largo plazo.

La posibilidad de réplica del proyecto en entornos educativos distintos al del centro participante.

La versatilidad del proyecto en distintos entornos tecnológicos y, por tanto, no dependiente en exclusiva de un software/hardware/aplicación concretos.

El número de profesores, etapas educativas y departamentos del centro que resultasen usuarios o beneficiarios de la implementación del proyecto.

Descargar Bases
Preguntas frecuentes

Que tipo de proxectos podo presentar?

Podes presentar calquera tipo de proxecto que sirva para que os alumnos aprendan dunha forma diferente, con novos recursos, ferramentas e metodoloxías que difiran do método tradicional de transmisión de contidos sen interacción nin investigación por parte do alumno.Aquí podedes ver algúns exemplos presentados e premiados en edicións anteriores:

O proxecto pode estar en marcha na actualidade ou ten que ser un proxecto novo?

Os proxectos que se presenten poden estar en distintos estados:

  • podes presentar un proxecto que actualmente estea en marcha pero queiras ampliar ou diversificar (cun novo enfoque, ou con novos alumnos, novos ciclos, novas actividades…)
  • podes recuperar proxectos que tiveron a súa implementación no centro e que actualmente non se están desenvolvendo, e planifiques unha nova execución para o curso 2018-19.
  • podes presentar un proxecto ao que leves tempo dándolle voltas pero necesitas recursos para acometelo.

Lembra que, en todo caso, debes presentar un orzamento detallado da implementación, tanto se se trata dunha idea que xa está en marcha, coma se é unha idea nova cuxas actividades está previsto que se executen o curso 2018-2019.

Teño que mandar informes periódicos da evolución do proxecto?

En caso de resultar gañador, non tes que mandar informes periódicos, só imos pedirche que nos mandes unha descrición do estado do proxecto no mes de decembro de 2018 e a memoria final, que deberás enviala en xuño de 2019. Tamén che pediremos que xustifiques os gastos derivados do proxecto. Ao longo do curso, de maneira regular, poñerémonos en contacto contigo para coñecer o avance do proxecto a través de RRSS e e-mail.

Podo presentar un proxecto no que participemos varios centros?

Si, pódese presentar un proxecto intercentros. Pero lembra que necesitamos que un dos profesores dalgún centro participante actúe como coordinador e representante do proxecto. El/ela será quen encha o formulario e deixe os seus datos de contacto. Nos datos do proxecto deberedes indicar que é un proxecto intercentro, así como todos os nomes dos centros participantes.

De quen serían os dereitos de autor e a propiedade intelectual da idea?

A propiedade intelectual da idea/proxecto presentada sempre será do autor. Os participantes e gañadores continuarán sendo os titulares de cuantos dereitos de autor afecten o material presentado. Así mesmo os participantes responsabilízanse da autoría e orixinalidade de calquera documento e/ou soporte.

As Bases de participación establecen unicamente que, durante a execución do proxecto e no curso escolar posterior, en calquera elemento que utilicedes para a difusión da vosa iniciativa (presentación a outros concursos, difusión de resultados, colaboracións en revistas ou medios de comunicación, etc), figure en lugar visible a colaboración de Proyecta.

Descárgate o cartel do concurso!