V Concurso Proyecta Innovación

Temos gañadores!

Tras a presentación e defensa dos 6 proxectos finalistas no encontro InspiraTICs, celebrado o pasado 24 de maio, e tomando como referencia os criterios de valoración que constan nas bases do certame, o xurado emitiu o seu fallo e decidiu outorgar 3 grandes premios:

  • Gañador da convocatoria:

Embaróuta-T: nó sostible – CEIP de Barouta, Ames

Financiado con 7.880€ (80% do importe solicitado)

  • Segundo premio:

Hortus Cultus 3.0 – CEIP Balaídos, Vigo

Financiado con 2.400€ (100% do importe solicitado)

  • Terceiro premio:

Realiz-Arte – CPR Compañía de María, A Coruña

Financiado con 3.500€ (100% do importe solicitado)

Ademais, as fundacións decidiron outorgar tres accésits, dotados con 1.200€ cada un, aos proxectos: 

  • Curtas Inma – CPR La Inmaculada La Salle,  por integrar no seu deseño o papel do alumno como centro do proceso de aprendizaxe.
  • Plataforma Educagram – IES do Castro,  por expoñer de maneira innovadora a “identidade dixital” como un contido curricular impulsado e xestionado polos propios alumnos.
  • Mastigar e dixerir un libro: A Fraga Milmañas – CEIP Ponte dos Brozos, por fomentar a lectura desde unha perspectiva innovadora, combinando o proceso lecto-escritor coas novas tecnoloxías.

Parabéns a todos!

Desde a dirección de Proyecta agradecemos a todos os centros educativos a súa participación nesta quinta edición do Concurso Proyecta Innovación.

PROXECTOS GAÑADORES E FINALISTAIS

Así se debuxa o mapa da innovación educativa en Galicia 2018. Parabéns aos premiados! 

Podes acceder ás bases do concurso aquí

Miembros del Jurado

Manu Velasco
Manu Velasco ()
Colegio Santa Teresa

Mestre de educación primaria do colexio Santa Teresa de León. Colabora activamente con centros de formación do profesorado e innovación educativa. Ten varios premios nacionais de innovación e orientación educativa con TIC.

Montse Poyatos
Montse Poyatos ()
CEIP Giner de los Ríos, Madrid

Mestra de primaria no CEIP Giner dos Ríos. Traballou en programas de integración educativa con colectivos en risco de exclusión social. É formadora de docentes a través das entidades INTEF, CRIF, Samsung Smart School e FERE. Coordinou e participou na elaboración de materiais didácticos e de innovación en diversos proxectos.

Carlos Magro
Carlos Magro ()
Asociación Educación Abierta

Consultor independente de estratexia dixital no sector educativo. Colabora no deseño e implementación da metodoloxía Mobile Learning na EOI. É vicepresidente da Asociación Educación Aberta.

Ana María Martínez
Ana María Martínez ()
“San Diego y San Vicente” y “Santa María Micaela”.

Profesora de Música na ESO. Colabora activamente co profesorado a través das institucións CRIF As Acacias, UAM, UIMP e Escolas Católicas. Pertence á comunidade #YoSoyDeMúsica e participa no congreso ConEuterpe e na asociación aulaBLOG.