IV Encontro inspiraTICs

A necesaria transformación dos alumnos en creadores de contidos

Na tarde do 19 de novembro de 2015, celebrouse o IV Encontro InspiraTICs no que docentes de colexios e institutos de toda Galicia congregáronse no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre para compartir inquietudes acerca das novas modalidades para o ensino e, á súa vez, da aprendizaxe. Ademais, este encontro puido seguirse en directo a través da páxina web de Proxecta polo que profesores doutros lugares puideron “estar presentes” e gozar desta xornada na que se compartiu a inquietude por atopar novos modelos de ensino a través da innovación.

O acto comezou coa conferencia “Metodoloxías e modelos emerxentes na educación do século XXI” a cargo de Raúl Santiago, doutor en Ciencias da Educación pola Universidad de Navarra e, actualmente profesor da área de Didáctica e Organización Escolar da Universidad de La Rioja.

Desde o inicio da charla, Raúl Santiago propuxo “abrir xanelas” a cuestións sobre o presente e o futuro da educación, relacionando modelos pedagóxicos innovadores co uso da tecnoloxía para estimular a aprendizaxe do alumno.

Ao longo de toda a sesión, o relator fixo fincapé na necesidade de reflexionar sobre como aprenden os alumnos e como os docentes os están preparando para o futuro. Para iso, utilizou o exemplo de “o mito do famoso libro dixital”, explicando que de pouco serve cambiar o formato dun libro (de papel a PDF) se non se cambia a metodoloxía, unha metodoloxía na que os alumnos sexan activos dixitais e, en definitiva, os creadores de contidos.

Precisamente, o feito de converter aos alumnos en creadores de contidos, segundo explicou Raúl Santiago, repercute na súa forma de aprender, xa que están máis motivados e aprenden un maior número de competencias. A través de tecnoloxías emerxentes tales como o mobile learning, a gamificación e a realidade aumentada, os alumnos melloran as súas destrezas cognitivas e sociais.

Ademais, partindo da premisa de que as escolas deben ser espazos para aprender, non para ensinar, Raúl Santiago, falou da importancia de cambiar o modelo educativo e promover a aprendizaxe personalizada, é dicir, equitativa, e de aliñar a tecnoloxía coa metodoloxía para lograr o devandito obxectivo. Concluíu a charla enviando unha mensaxe aos seus colegas sobre o futuro dos estudantes de hoxe: “temos nas aulas alumnos que estamos a formar para profesións que aínda non existen”, polo que lembrando as palabras de Peter Drucker, pechaba o seu discurso apelando á utilización da tecnoloxía ao servizo do ensino a través da frase “se queres facer algo novo, tes que deixar de facer algo vello”.

Unha vez finalizada a conferencia, comezou unha mesa redonda na que participaron, xunto a Raúl Santiago, os docentes e expertos en novas tecnoloxías educativas: María José Soto, Ana Mariño e César Férnández Riádigos.

Durante o coloquio abriuse un interesante debate no que tanto os relatores como os asistentes compartiron as súas experiencias e vivencias nas aulas. Apelouse á importancia de valores como o respecto e as emocións, así como á necesidade de recuperar a creatividade e adaptar os métodos de aprendizaxe ao alumno, chegando a reflexións como que “para sacar o máximo potencial dun alumno hai que entender que o profesor é máis importante que nunca” ou que “todos os nenos teñen talento e o obxectivo do profesor é saber cal é o talento de cada un”. As palabras, tanto dos relatores como do público denotaron unha gran implicación persoal e ganas de continuar co cambio na metodoloxía de ensino actual, reiterando a necesidade de converter ao alumno en creador.

Tras o debate, Óscar Ortega, Director da Fundación Amancio Ortega e José Francisco Sánchez, Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, fixeron entrega dos premios do II Concurso Proyecta Innovación.

Nesta edición foron seis centros educativos os premiados: IES de Meaño (Pontevedra) polo seu proxecto “MakerSchool”, IES David Buján (Cambre) por “Aula 2020”, Ceip Ponte dos Brozos (Arteixo) por “Gamificación e programación de videoxogos”, IESP Fontem Albei da Fonsagrada (Lugo) por “Asibot”, CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco) por “Aprende coas mans” e Maristas Cristo Rey (A Coruña) por “Maristápolis”.

Óscar Ortega concluíu o IV Encontro InspiraTICs anunciando que xa está aberta a convocatoria para o III Concurso Proyecta Innovación destinado a centros educativos de Galicia e que, no mes de decembro lanzarase por primeira vez un concurso de ámbito nacional para premiar a traxectoria, dedicación e innovación entre o profesorado (do que se informará debidamente na páxina web). Así mesmo, agradeceu a asistencia a todos os alí presentes e destacou a importancia do labor docente como motor do cambio.

Mesa redonda

Raúl Santiago
Raúl Santiago ()
Universidad de La Rioja
Doctor en Ciencias da Educación. Docente na área didáctica e organización escolar, ademais de asesor en proxectos nacionais e europeos sobre o uso das TIC na educación. Autor de diversos libros.
María José Soto
María José Soto ()
IES As Barxas
Docente experta no emprendemento e no uso de novas tecnoloxías educativas. Coordinadora de programas de prácticas en empresas e no "Programa Leonardo". Imparte cursos de formación para profesores.
Ana Mariño
Ana Mariño ()
CFR de Vigo
Asesora TIC en actividades de Formación Docente, ademais de docente de primaria e música con antropoloxía. Administradora de diversos proxectos educativos.
César Fernández Riádigos
César Fernández Riádigos ()
IES de Meaño
Profesor de secundaria na "Consellería de Educación" experto en novas tecnoloxías educativas. Imparte cursos de "Innovación Educativa e Aulas Virtuais” a profesores.

Galería de imágenes

Asistentes IV Encuentro inspiraTICs Asistentes IV Encuentro inspiraTICs Asistentes IV Encuentro inspiraTICs Raúl Santiago - Metodologías y modelos emergentes en la educación del S.XXI Mesa Redonda Mesa Redonda - Raúl Santiago, Ana Mariño, César Fernández, María José Soto Asistentes mesa redonda IV Encuentro inspiraTICs Asistentes mesa redonda IV Encuentro inspiraTICs César Fernández Riádigos Ana Mariño María José Soto Raúl Santiago Marista Cristo Rey - Entrega premios II Concurso Proyecta Innovación CEIP Ponte dos Brozos - Entrega premios II Concurso Proyecta Innovación IESP Fontem Albei - Entrega premios II Concurso Proyecta Innovación CPI Alcalde Xosé Pichel - Entrega premios II Concurso Proyecta Innovación IES David Buján - Entrega premios II Concurso Proyecta Innovación IES de Meaño - Entrega premios II Concurso Proyecta Innovación Ganadores II Concurso Proyecta Innovación Clausura IV Encuentro inspiraTICs